A illa Lougheed é unha das illas deshabitadas do arquipélago ártico canadense na rexión de Qikiqtaaluk, Nunavut. Ten unha superficie de 1.312 km². Está relativamente illada comparada con outras illas árticas canadenses, e está situado no océano Ártico, a medio camiño entre a illa Ellef Ringnes ao nordés e a Illa Melville cara ao suroeste. Forma parte do Grupo Findlay.
Historia O primeiro avistamento coñecido da illa foi en 1916 por Vilhjalmur Stefansson, durante a súa Expedición ártica.
O 14 de abril de 1993, Environment Canadá revogou un permiso concedido a Panarctic Oils Ltd. para desfacerse de 400 toneladas de chatarra no océano fronte á illa de Lougheed. A decisión tomouse en resposta ás preocupacións expresadas polos residentes de Grise Fiord, Resolute, Arctic Bay e Pond Inlet. En lugar de botar o material no mar, iniciouse un proxecto de investigación para avaliar o impacto ambiental da acumulación de chatarra na illa Lougheed.
En 1994, Larry Newitt do Geological Survey of Canadá e Charles Barton da Australian Geological Survey Organization estableceron un observatorio magnético temporal na illa de Lougheed, preto da posición prognosticada do Polo Norte magnético, co fin de monitorear as flutuacións a curto prazo do campo magnético da Terra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas da Raíña Isabel
Ligazóns externas Lougheed Island no Atlas do Canadá - Toporama; Natural Resources Canada
Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas da Raíña Isabel