Jane the Virgin é unha serie de televisión estadounidense satírica e de comedia romántica desenvolvida por Jennie Snyder Urman, que se estreou na canle The CW o 13 de outubro de 2014. Está vagamente baseada na telenovela venezolana Juana la virgen, creada por Perla Farías. Está protagonizada por Gina Rodriguez.
Sinopse Jane Villanueva (Gina Rodriguez), unha moza latina virxe, traballadora e relixiosa, que queda embarazada despois de ser inseminada artificialmente por accidente. A serie parodia tópicos usados acotío nas telenovelas latinas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América