Soiuz 25 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 9 de outubro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 25, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Vladimir Kovalionok e Valeri Riumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. Tras achegarse e acoplarse en modo suave, a tripulación foi incapaz de acadar un acoplamento duro (mecanicamente consistente e sólido), sen o cal a presurización e a apertura da portela entre ambas naves era imposible. Máis tarde atopouse que a causa foi un defecto mecánico no mecanismo de acoplamento da Soiuz 25, pero chegouse a pensar que era o mecanismo de atraque da Saliut 6 o danado, co que misións posteriores tampouco poderían acoplarse.

A Soiuz 25 tivo que volver a terra sen completar a súa misión, despois de pouco máis de 2 días en órbita, aterrando o 11 de outubro de 1977 ás 3:24 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz U Saliut 6

Notas

Categoría:Programa Soiuz