Soiuz 27 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de xaneiro de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 27, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Oleg Makarov e Vladimir Dzhanibekov a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6, xa ocupada pola tripulación da Soiuz 26, Iuri Romanenko e Georgi Grechko, converténdose na primeira nave en visitar unha estación xa ocupada. Makarov e Dzhanibekov pasadon apenas 6 días a bordo, facendo probas e experimentos xunto con Romanenko e Grechko. Finalmente regresaron a terra a bordo da Soiuz 26, o 16 de xaneiro, mentres que a Soiuz 27 quedou para uso da tripulación permanente, volvendo a terra o 16 de marzo de 1978.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 28 Saliut 6
Notas
Categoría:Programa Soiuz