Rock 'n Roll é unha comedia francesa escrita e dirixida por Guillaume Canet en 2017.
Argumento Guillaume Canet, actor, de 43 anos de idade, leva a vista atrás cando a súa nova compañeira de elenco lle di que xa non é un obxecto de desexo para as mulleres da xeración máis nova, algo que como actor pode ter repercusións no seu traballo. A razón desta perda de atracción é a súa vida familiar ordenada con Marion Cotillard, o seu fillo Lucien, a súa casa de campo, a súa paixón polos cabalos. Guilleume comprende que debe facer o posible para mudar esa imaxe ordinaria por outra realmente máis sexy.
Elenco miniatura|Marion Cotillard en 2017 Guillaume Canet como Guillaume Canet Marion Cotillard como Marion Cotillard Philippe Lefebvre como Philippe Lefebvre Camille Rowe como Camille Rowe Gilles Lellouche como Gilles Lellouche Yvan Attal como Yvan Attal Johnny Hallyday como Johnny Hallyday Laeticia Hallyday como Laeticia Hallyday Maxim Nucci como Maxim Nucci Yarol Poupaud como Yarol Poupaud Kev Adams como Kev Adams Ben Foster como Ben Foster
Produción dereita|miniatura|Guillaume Canet en 2015. Guillaume Canet quería, logo de varios anos pensando niso, desenvolver o proxecto, ao primeiro pensou na forma de falso documental sobre as pantasmas xerados pola notoriedade .. Mais decidiu abandonar esta idea logo da estrea de I'm Still Here (Casey Affleck, 2010), filme no que Joaquin Phoenix presentou a súa nova vida de rapeiro, era xusto o documental que quería facer Canet. Decidiu cambiar a perspectiva, inspirándose na súa propia vida e na súa relación con Marion Cotillard para facer unha curtametraxe.
Ao final optouse por unha longametraxe e para seguir o máximo posible un estilo autobiográfico, Canet insistiu en escoller a xente próxima para acompañalo no filme. O produtor Alain Attal, o seu colaborador habitual, actúa no filme ademais de ser o propio produtor do filme. A rodaxe realizouse nos estudios de d'Épinay en Seine-Saint-Denis.
Notas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes de comedia