Soiuz 30 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 27 de xuño de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 30, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Piotr Klimuk e Mirosław Hermaszewski (o primeiro cosmonauta polaco) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A tripulación adicouse a facer experimentos relacionados coa bioloxía, a observación da Terra e o estudo das auroras boreais.

A misión Soiuz 30 coincidiu coa misión de larga estancia Soiuz 29, composta por Kovalenko e Ivanchenkov. Klimuk e Hermaszewski regresaron á Terra o 5 de xullo de 1978 ás 13:29 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Saliut 6

Notas

Categoría:Programa Soiuz