Soiuz 31 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 26 de agosto de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 31, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Valeri Bikovski e Sigmund Jähn (da República Democrática de Alemaña) a bordo, foi unha misión Interkosmos lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A tripulación adicouse a facer experimentos relacionados coa bioloxía, a ciencia de materiais e a observación da Terra. Jahn foi o primeiro alemán en viaxar ao espazo.
A misión Soiuz 31 coincidiu coa misión de larga estancia Soiuz 29, composta por Vladimir Kovalionok e Aleksandr Ivanchenkov e coa que intercambiou naves, deixando a nave máis fresca e nova aos cosmonautas residentes. Bykosky e Jahn regresaron á Terra o 3 de setembro de 1978 ás 11:40 GMT na nave Soiuz 29.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz U Soiuz 25 Soiuz 26 Soiuz 27 Soiuz 28 Soiuz 29 Soiuz 30 Saliut 6
Notas
Categoría:Programa Soiuz