En bioquímica, unha quinase de especificidade dual () é unha quinase que pode actuar tanto como tirosina quinase coma como serina/treonina quinase, polo que pode introducir grupos fosfato en residuos de tirosina, serina e treonina.

As MEKs, implicadas nas vías MAP, son exemplos principais de quinases de especificidade dual. Outros exemplos comúns son: ADK1 Quinase de especificidade dual de Arabidopsis 1 CLK1, CLK2, CLK3, CLK4 DSTYK DYRK1A, DYRK1B, DYRK2, DYRK3, DYRK4 Mps1p TESK1, TESK2 TTK

O nome sistemático desta clase de encimas é ATP:proteína fosfotransferase (Ser/Thr- e Tyr-fosforilante).

Notas

Categoría:Transferases