Soiuz 5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xaneiro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soyuz 5, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas Boris Volinov, Aleksei Ieliseiev e Ievgeni Khrunov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soiuz 4 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita lunar. A Soiuz 4 foi lanzada o día anterior á Soiuz 5, con Vladimir A. Shatalov a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Ieliseiev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4, mentres que Volinov quedou como único ocupante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo mentres Volinov seguía en órbita. A Soiuz 5 comezou un regreso ao día seguinte que case lle costa a vida a Volinov: o módulo de servizo da nave non se separou antes da reentrada, como estaba previsto, e permaneceu unido á cápsula de reentrada, bloqueando o escudo térmico e, peor aínda, facendo que o conxunto, ao entrar nas capas máis altas da atmosfera, adoptara a posición máis aerodinámica para esa configuración, coa parte máis feble da cápsula de reentrada por diante e recibindo a maior parte da calor. Volinov, consciente do problema, non podía facer nada para solucionalo e pronto comezou a chegarlle o cheiro dos selos de goma que hermetizaban a portela da cápsula ao quentarse de máis pola reentrada. No último momento, antes de que a estrutura da cápsula cedera, o módulo de servizo liberouse, a cápsula reaxustouse na súa posición de reentrada a velocidades hipersónicas e o descenso, nunha traxectoria balística que alcanzou 9 G de deceleración e que danou os retrofoguetes de freado, o que lle custou a Volinov os dentes, aínda que sobreviviu á reentrada. O punto de aterraxe, no que a cápsula quedou ás 7:58 GMT do 18 de xaneiro, estaba a 2 km ao suroeste de Kustani. Volinov volvería a voar na Soiuz 21.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 4

Categoría:Programa Soiuz