As linguas tupís son unha familia de linguas que abrangue unhas 76 linguas faladas en América do Sur, das cales as máis coñecidas son o tupí e o guaraní. É a familia de maior extensión xeográfica en América do Sur, estendéndose dispersamente tanto na Amazonia como na Conca do Prata. Comprende 10 subfamilias, das cales as máis estendidas tanto xeográfica como demograficamente son as linguas tupí-guaranís.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lingua tupí

Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas tupís