Xosé Randolfe Vilariño, nado en Quintá do Monte (Pradeda, Carballedo) o 25 de xaneiro de 1960, é un pintor galego.
Traxectoria Entre 1984 e 1989 estudou Artes Aplicadas, especialidade de esmalte, na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou viaxes de formación a París e Florencia e tamén fixo estudos de Xeografía e Historia e de Enxeñería Técnica Forestal. A súa pintura é froito dunha ampla mestizaxe, na que se atopan contribucións do expresionismo, surrealismo, nova figuración, arte pop etc... Tamén realizou incursións na escultura.
Segundo Ramón Rodríguez Porto
Xosé Randolfe Vilariño é gandeiro, foi concelleiro do PSOE en Carballedo e tamén Secretario Xeral de Unións Agrarias no Sur de Lugo.
Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.
miniatura|A carón de Ramón Rodríguez Porto e Iñaki Castiñeira Alemany en Chantada
Exposicións En 1987 participou como convidado na Bienal de Esmalte de Limoges (Francia) na sección de novas tendencias na arte do esmalte (fóra de concurso). En 1989 participou en Artistas en Compostela, Casa da Conga, Sala de Exposicións da Universidade de Santiago de Compostela En 2000, Olladas, exposición itinerante da Consellería de Cultura nas catro capitais galegas En 2010, Traballos de outono no Saviñao, Lugo En 2010, Pinturas de Randolfe Vilariño, Casa da Cultura de Chantada En 2013, participa na exposición colectiva Creacións interiores: artistas da Ribeira Sacra, no Centro do Viño de Monforte de Lemos En 2014, exposición na Galería Tony Ferrer de Ourense En 2017, Escolma, Museo Provincial de Lugo: En 2018, Última obra, Círculo do Saviñao En 2023, Última obra, Círculo do Saviñao (novos cadros de 2022 e 2023) -En Escairón-
Publicacións Olladas. Xunta de Galicia, 1999. 62 pp. ISBN 978-8445326565
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas 20px Exposición Artistas da Ribeira Sacra 20px Exposición Escolma de Xosé Randolfe Vilariño 20px "Última obra" de Raldolfe Vilariño (2018)
Categoría:Nados en Carballedo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Carballedo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Pintores de Galicia do século XXI