A illa Meighen é unha illa deshabitada do arquipélago das Illas da Raíña Isabel que forman parte das Illas Árticas do Canadá, na rexión de Qikiqtaaluk de Nunavut, Canadá.
Características e historia
Situado nas coordenadas , ten unha superficie de 955 km² e remata nunha capa de xeo. A illa está continuamente cuberta de xeo, e a súa costa noroeste fai fronte ao océano Ártico aberto.
A diferenza de moitas illas do Ártico canadense, non se atoparon rastros dos pobos Inuit ou Thule, o que suxire que a illa nunca foi habitada, probablemente debido á súa extrema latitude norte.
A primeira observación coñecida da illa foi en 1916, durante a Expedición do Ártico Canadense por Vilhjalmur Stefansson ou quizais por Frederick Cook en 1909.
Nome
A illa foi bautizada máis tarde na honra de Arthur Meighen, primeiro ministro canadense 1920-21 e 1926.
Illas veciñas
A illa Meighen ten poucas veciñas. A 40 km ao oeste da illa principal máis próxima, a Illa Axel Heiberg. A 4 km ao norte de Meighen, ao outro lado do Estreito de Hose, atópase a pequena illa Perley en forma de media lúa. As Illas Fay atópanse entre a Illa Meighen e a Illa Axel Heiberg dentro da canle Sverdrup.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Meighen Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada
Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas da Raíña Isabel