A Illa Brabante é a segunda illa máis grande do Arquipélago Palmer no Territorio Antártico Británico, situada entre a Illa Anvers e a Illa Liège. A illa de Brabante ten 59 km de longo de norte a sur, 30 km de largo e elévase a 2.520 m en Mount Parry. O interior da illa está ocupado por dúas cordilleiras, Montañas Solvay (cume Cook, 1590 m) na súa parte máis meridional e as Montañas Stribog (cume Mount Parry) na súa parte central e setentrional.

Foi bautizada pola Expedición antártica belga (1897-1899) dirixida por Adrien de Gerlache, que a chamou así pola provincia de Bélxica de Brabante, en recoñecemento do apoio dado á expedición polos seus cidadáns.

Un documento que resume a expedición dos Servizos Conxuntos de 1984-1985 describe á illa como "notoriamente inhóspita" e afirma que hai probas de só seis visitas entre o descubrimento en 1898 e 1984. Membros da expedición invernaron alí en 1984-1985, e fixeron a primeira subida ao Mount Parry.

Mapas Antarctic Digital Database (ADD). Scale 1:250000 topographic map of Antarctica. Scientific Committee on Antarctic Research (SCAR). Dende 1993, actualizada e mellorada regularmente. British Antarctic Territory. Scale 1:200000 topographic map. DOS 610 Series, Sheet W 64 62. Directorate of Overseas Surveys, Tolworth, UK, 1980. Brabant Island to Argentine Islands. Scale 1:250000 topographic map. British Antarctic Survey, 2008.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas Map of the area U.S. Geological Survey, Atlas of Antarctic Research Brazilian Antarctic Program miniatura|500px|center|Illa Brabante vista desde o nordés, coa illa Hoseason e a illa Liège no primeiro plano, e a illa Anvers (á dereita) e a península antártica no fondo.

Categoría:Illas da Antártida Categoría:Illas deshabitadas