A illa de Bengkalis atópase no estreito de Malaca, fronte á costa leste da illa de Sumatra, a uns 200 km ao oeste de Singapur. Esténdese por 68 km de longo en dirección noroeste-sueste e ten un largo de 19 km nun eixe leste-oeste. Ten unha elevación que oscila entre 100 m. e 200 m.
División administrativa Administrativamente, a illa é parte do Kabupaten de Bengkalis na provincia de Riau.
Xeografía A illa está separada de Sumatra polos Estreito de Bengkalis e de Padang. É de formación coralina, plana e pantanosa. Está suxeita a fortes precipitacións.
Na costa leste atópase a praia de Selat Baru, de 4 km de longo, bordeada por pobos tradicionais. Preto da praia, hai un arroio que os lugareños chaman "sungai Liong", e no que se alzan uns 3.000 peixes da especie "kakap putih".
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas de Indonesia