Bernat Dedéu Pastor, nado o 10 de abril de 1979 en Barcelona, é un comentarista en diversos medios de comunicación e deu clases no grao de relacións internacionais en Blanquerna, Universidade Ramon Llull.

Traxectoria Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona no ano 2003, continuou cos seus estudos cun máster na New School For Social Research, nos Estados Unidos. Posteriormente, colaborou en medios como BTV, Catalunya Ràdio, Televisió de Catalunya, Rac1, El Punt Avui e El Nacional, entre outros. Estba vencellado ó Ateneu Barcelonès, onde foi voceiro da xunta e xestor de música durante a presidencia de Francesc Cabana.

No ano 2014, foi un dos impulsores da Orquestra do Montsalvat xunto con Oriol Pérez Treviño, Francesc Prat, Domènec Orrit e Salvador Boix.

No ano 2017, presentouse como candidato á presidencia do Ateneu Barcelonès, cunha candidatura chamada Ordre i Aventura, na honra a unha canción de Mishima. Quedou en segunda posición, por detrás de Jordi Casassas, que revalidou a presidencia.

Polémica Hai dez anos, Carles Capdevila, xornalista e primeiro director do diario Ara, afrontou un cancro que o acabou matando. E a súa muller, Eva Piquer –e toda a familia– tivo que convivir coa publicación dunha serie de artigos sarcásticos sobre a súa situación por parte de Dedéu. En outubro de 2025, a xornalista e escritora Eva Piquer publicou o ensaio Difamació. Autòpsia d’un escarni classista, misogin i cruel, onde denunciou a impunidade de Dedéu.

Obras

Guia sentimental de l'Eixample. Barcelona: Editorial Pòrtic, 2020. ISBN 978-8498094367 No mataràs. Barcelona: Fragmenta Editorial, 2024. ISBN 978-84-17796-99-0

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade Ramon Llull Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá