Os portugueses son unha nación e grupo étnico indíxena de Portugal que comparten unha mesma cultura e falan o portugués como lingua principal. A súa relixión predominante é o Cristianismo, principalmente o catolicismo.
Historicamente, a herdanza dos portugueses inclúe os celtas, preceltas, celtiberos e iberos, os lusitanos, galaicos e célticos, os romanos, os visigodos e os suevos. A República Romana conquistou Iberia durante os séculos -II e -I. Como resultado da colonización romana, a lingua local provén do latín vulgar. Por mor da longa historia do Imperio portugués e a colonización de territorio de Asia, África e América, así como pola emigración histórica e recente, pódense atopar comunidades portuguesas en diversas rexións do planeta, e tamén existe unha importante diáspora. Os portugueses foron un axente salientable da era dos descubrimentos, descubrindo numerosas terras descoñecidas polos europeos en América, África, Asia e Oceanía, axudando tamén no proceso de globalización.
Hoxe en día, Portugal amosa unha sociedade multicultural de todo o mundo, pero con especial presenza das antigas colonias da Lusofonía, como os brasileiros, os caboverdianos, angolanos, mozambicanos, goanos e macaneses.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Detailed map of the Pre-Roman Peoples of Iberia (around 200 BC) Portugal (Emigration) from CIA Country Studies Series
Categoría:Grupos étnicos do Brasil Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Personalidades de Portugal