1997: Rescate en Nova York (en ) é un filme estadounidense coescrito e dirixido por John Carpenter estreado en 1981. O filme está ambientado nun 1997 futurista, no cal a illa de Manhattan converteuse na única prisión de máxima seguridade do país. Ex-soldado e agora prisioneiro federal Snake Plissken (Kurt Russell) ten 24 horas para atopar o Presidente dos Estados Unidos de América (Donald Pleasence), que foi capturado polos prisioneiros despois de estrelarse o Air Force One.

Carpenter escribiu o filme a mediados da década de 1970 como reacción ó escándalo Watergate. Despois do éxito de Halloween, tivo influencia suficiente para comezar a produción e contou cun orzamento de $6 millóns. Debra Hill e Larry J. Franco foron os produtores do filme. Foi coescrito por Nick Castle, que xa colaborara con Carpenter en Halloween. 1997: Rescate en Nova York estreouse nos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. O filme recibiu críticas positivas e un éxito de recadación, conseguindo $25 millóns. Foi nomeado a catro Premios Saturn e converteuse nun clásico de culto que tivo unha secuela 2013: Rescate en L.A. (1996).

Estreouse en galego o 5 de xullo de 1992 a través da TVG.

Personaxes Kurt Russell como Snake Plissken Lee Van Cleef como Bob Hauk Ernest Borgnine como Cabbie Donald Pleasence como Presidente dos Estados Unidos de América Isaac Hayes como Duque de Nova York Harry Dean Stanton como Harold "Brain" Hellman Adrienne Barbeau como Maggie Season Hubley como rapaza Chock Full o' Nuts Tom Atkins como Rehme Charles Cyphers como Secretario do Estado Joe Unger como Taylor (escenas eliminadas) Frank Doubleday como Romero John Strobel como Cronenberg Nancy Stephens como Stewardess Ox Baker como Slag Buck Flower como Drunk Debra Hill como voz de ordenador (sen acreditar) Jamie Lee Curtis como narradora (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1981 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Carpenter Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre presidentes ficticios dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Missouri Categoría:Filmes de Goldcrest Films Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 1981 con versión en galego