miniatura|Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a vía do Ferrocarril Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Viloudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Viloudriz: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo.

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cudillero. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.​

Historia Idea e planificación

A idea de construír un ferrocarril entre Ferrol e Xixón tivo efecto no 1886, cando o Congreso dos Deputados aprobou o primeiro proxecto, co fin de concetar os cuarteis de artillaría de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos de Asturias pola costa cantábrica. O proxecto foi incluído no 'Plan de Ferrocarriles Secundarios' de 1888, aínda que as obras tardarían en comezar.Ferrocarril estratégico de Ferrol a Gijón. Grupo de Trabajos Ferroviarios.

No 1906 apróbase a lei de ferrocarrís estratéxicos e secundarios, con inclusión do proxecto como de vía estreita (1 m).

Por discrepancias sobre o trazado, en particular no occidente de Asturias,El ferrocarril de Ferrol a Gijón. La Nueva España. Diario independiente de Asturias. obras non comezan ata 1921, a cargo do Estado Español.

Construción As vicisitudes políticas dos anos 1920, 1930 e 1940 atrasaron ata 1956 a inauguración do tramo, entre Avilés e Pravia, previo acordo coa compañía que explotaba o Ferrocarril de Carreño, que tiña a concesión de explotación entre Avilés e Xixón.

As obras continuaron na zona galega, rematando coa inauguración do tramo (Viveiro-Vegadeo) en 1968.

Antes inauguráronse en 1962 o tramo Pravia-Luarca e tramos na zona galega, quedando para 1972 o tramo final, Luarca-Vegadeo.

Así, pasaron 86 anos do primeiro proxecto aprobado (1886) á súa inauguración (1972), coa variación total, entremedias, das necesidades de tráfico xeral e estratéxicas que o impulsaron.Los ferrocarriles de vía estrecha de Asturias. El Comercio Digital

A construción do ferrocarril supuxo grandes obras de fábrica (pontes, viadutos, túneles,...) para salvar a complicada orografía da costa cantábrica, en particular, na zona asturiana. Foi necesario construír 110 túneles e 27 viadutos, nunha liña de lonxitude total de 320 km con 47 estacións. O seu custo total, en 1972, foi 4 250 millóns de pesetas.

Posta en marcha de tramos: +1/10/1950Xixón-Aboño7 km11/09/1956Pravia-Avilés24 km1/02/1962Ferrol-Mera46 km13/09/1962Luarca-Avilés58 km4/10/1964Mera-Ortigueira8 km23/06/1966Ortigueira-Viveiro33 km21/06/1968Viveiro-A Veiga67 km6/09/1972A Veiga-Luarca58 km

Funcionamento Co paso do tempo, a falta de mantemento trasladouse ó número de accidentes observados. Coa chegada do século XXI e o empeoramento dos servizos foi callando a idea de que se procuraba a supresión da liña, o que ten preovocado diversas iniciativas e mobilizacións, co mantemento en 2017 e 2018 de diversas xuntanzas a nivel político. A finais de 2018 a empresa ten comunicado a ampliación do número de maquinistas e a adquisición de novas máquinas, se ben non é a primeira vez que o fai, coa idea de evitar o uso de transportes alternativos (mesmo hai contratado un servizo de taxis a tal fin, pola cantidade de fallos no sistema que ten habido)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da liña

Categoría:Ferrocarril en España Categoría:Liñas de ferrocarril en Galicia