Clostridium phytofermentans é unha bacteria anaerobia obrigada, grampositiva con forma de bacilo. Forma esporas esféricas. Algunhas cepas desta especie parecen poder producir etanol, acetato, dióxido de carbono e gas hidróxeno por fermentación de celulosa, ácido poligalacturónico, e outros compostos comúns en biomasa de plantas.Thomas A Warnick, Barbara A Meth, and Susan B Leschine. Clostridium phytofermentans sp. nov., a cellulolytic mesophile from forest soil. Int J Syst Evol Microbiol July 2002 52:1155-60; . O xenoma de C. phytofermentans contén máis de 100 hidrolases potenciais para realizar esta actividade, aínda que unha hidrolase (Cphy3367) parece ser esencial ao proceso. Unha celobiohidrolase diferente, CpCel48, foi illada desta especie e exprésase en forma activa en Bacillus subtilis.

Notas

"Clostridium phytofermentans ISDg". National Center for Biotechnology Information (NCBI).

Véxase tamén Ligazóns externas Type strain of Clostridium phytofermentans en BacDive - a Bacterial Diversity Metadatabase

Categoría:Clostridiales