María de Jesús Patricio Martínez, nada en Tuxpán, Xalisco, México, o 23 de decembro de 1963, é unha indíxena náhuatl tamén coñecida como Marichuy. Practica a medicina tradicional e é defensora dos dereitos humanos. Foi elixida polo Congreso Nacional Indíxena como voceira representante indíxena para as Eleccións federais de 2018, polo cal se rexistrou ante o Instituto Nacional Electoral como candidata independente á presidencia da república en devandita contenda.

Traxectoria Naceu na comunidade náhuatl de Tuxpan, Xalisco, o 23 de decembro de 1963. Na súa nenez estudou a primaria, e cando era maior, a secundaria e o bacharelato. Dende pequena observou como as mulleres maiores da súa comunidade, entre elas as súas tías e a súa avoa curaban ós doentes de espanto, aduendado, bile, debilidade ou da canícula. En 1987, a súa nai, perdeu a mobilidade da súa cintura para abaixo, e despois de tres anos de tratamento con médicos especialistas sen ver melloría, decidiu pedir asesoría ós curandeiros da súa comunidade. Despois de tres meses de curacións, a súa nai volveu camiñar. Con esta experiencia, María de Jesús decidiu seguir aprendendo medicina tradicional para evitar a morte de todas aquelas persoas que non atopan a cura dos seus males.

En 1994, despois do levantamento do Exército Zapatista de Liberación Nacional, a comunidade de Tuxpan foi convidada a participar nun foro nacional indíxena, convocado polo movemento zapatista, que se realizou en San Cristóbal de Las Casas e María de Jesús foi elixida como representante da súa comunidade.

Grazas ó seu compromiso co combate ó machismo e a reconstitución das comunidades, así como a súa asistencia ás reunións, María de Jesús tivo a oportunidade de que o día 29 de marzo de 2001, como parte da Marcha da cor da terra, falar en nome das mulleres indíxenas de México ante o Congreso da Unión, "para deixar en claro que o proceso de reconstitución integral dos pobos indíxenas do país é unha tarefa que incumbe tanto ó home como á muller, nunha mesma loita por lograr a nosa plena liberación".

En 1995, instalouse en Tuxpan a Casa de Saúde Calli tecolhuacateca tochan na que Marichuy comezou a colaborar cos seus coñecementos de medicina tradicional e boticaria. Polo seu traballo en medicina tradicional e recuperación da boticaria na Casa de Saúde de Tuxpan, en maio de 2015, foille outorgado o premio ao Mérito Tuxpanense por parte do concello.

Consello Indíxena de Goberno O 28 de maio de 2017, nun congreso realizado no Centro Indíxena de Capacitación Integral Frei Bartolomé de Las Casas AC-Universidade da Terra Chiapas, en San Cristóbal de Las Casas, Chiapas, foi designada por parte do Congreso Nacional Indíxena como voceira representante indíxena a candidatura independente para as Eleccións federais en México de 2018. No encontro participaron 840 delegados e delegadas provenientes de 60 pobos indíxenas de México, os cales resolveron elixir a Marichuy como voceira dos pobos indíxenas de México ante o proceso de elección presidencial de 2018.

O 7 de outubro de 2017, Marichuy presentou o seu rexistro como candidata ante o Instituto Nacional Electoral para contender nas Eleccións federais en México de 2018.

Obra Hierberos, remedios y curanderos: herencia de la medicina tradicional. (2006)

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Políticos de México Categoría:Zapatismo Categoría:Pobo náhuatl Categoría:Nados no estado de Xalisco Categoría:Mulleres líderes indíxenas