O padriño (II parte) (en ) é un filme estadounidense producido e dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1974. O guión é obra de Coppola e Mario Puzo, e está protagonizado por Al Pacino e Robert De Niro. A historia está parcialmente baseada na novela de Puzo The Godfather, sendo ó mesmo tempo unha secuela e unha precuela de O padriño, presentando tramas paralelas.
O padriño (II parte) recibiu unha acollida diversa por parte da crítica, que eloxiou a súa fotografía mais atopou a súa narrativa non lineal desorganizada. Foi nomeado a once Premios Oscar, e converteuse na primeira secuela en gañar o Óscar ó mellor filme. Os outros premios Oscar que gañou inclúen o de mellor director para Coppola, mellor actor secundario para De Niro e mellor guión adaptado para Coppola e Puzo. Pacino gañou o BAFTA a mellor actor e estivo nomeado ó Oscar ó mellor actor.
Estreouse en galego o 25 de decembro de 1988 a través da TVG.
Personaxes
Al Pacino como Michael Corleone Robert Duvall como Tom Hagen Diane Keaton como Kay Adams-Corleone Robert De Niro como Vito Corleone John Cazale como Fredo Corleone Talia Shire como Constanzia "Connie" Corleone Lee Strasberg como Hyman Roth John Megna como Hyman Roth de mozo Michael V. Gazzo como Frank Pentangeli Morgana King como Carmela Corleone Francesca De Sapio como Carmela Corleone de moza G. D. Spradlin como Senador Pat Geary Richard Bright como Al Neri Tom Rosqui como Rocco Lampone Marianna Hill como Deanna Corleone Fay Spain como Mrs. Roth Gastone Moschin como Don Fanucci Troy Donahue como Merle Johnson Joe Spinell como Willi Cicci Dominic Chianese como Johnny Ola Franco Corsaro como Genco Abbandando Frank Sivero como Genco Abbandando de mozo Amerigo Tot como gardacostas de Michael Bruno Kirby como Peter Clemenza Maria Carta como nai de Vito Corleone Giuseppe Sillato como Don Francesco Ciccio Ivonne Coll como Yolanda Julian Voloshin como Sam Roth John Aprea como Salvatore Tessio Larry Guardino como tío de Vito Carmine Caridi como Carmine Rosato Danny Aiello como Tony Rosato Leopoldo Trieste como Signor Roberto Salvatore Po como Vincenzo Pentangeli Harry Dean Stanton como axente do FBI Roman Coppola como Santino Corleone de mozo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua siciliana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Ford Coppola Categoría:Filmes rodados en Miami, Florida Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Sicilia Categoría:Filmes ambientados na Habana Categoría:Filmes ambientados en 1901 Categoría:Filmes ambientados en 1917 Categoría:Filmes ambientados en 1941 Categoría:Filmes ambientados en 1958 Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1974 con versión en galego