The French Connection é un filme estadounidense dirixido por William Friedkin e producido por Philip D'Antoni. Está protagonizado por Gene Hackman, Fernando Rey e Roy Scheider. Foi adaptado por Ernest Tidyman a partir do libro non ficticio de 1969 The French Connection de Robin Moore. Conta a historia dos detectives Jimmy "Popeye" Doyle e Buddy "Cloudy" Russo, que está inspirada nas vidas reais dos detectives Eddie Egan e Sonny Grosso.
Foi o primeiro filme clasificado con contido R (restrinxido a menores de 17) en gañar un Óscar ó mellor filme dende a introdución desta clasficación nos Estados Unidos.Cowboy de medianoite gañou o de mellor filme con clasificación X. Tamén gañou os Oscar ó mellor actor (Hackman), mellor director (Friedkin), mellor montaxe, e mellor guión adaptado (Tidyman). Tidyman tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro, un Writers Guild of America Award e un Edgar Award polo seu guión. A súa secuela, French Connection II, estreouse en 1975 con Gene Hackman e Fernando Rey nos seus papeis.
En 2005, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse na TVG o 7 de novembro de 1987.La Voz de Galicia, 7 de novembro de 1987. Páx. 63
Personaxes
Gene Hackman como Det. Jimmy "Popeye" Doyle Fernando Rey como Alain Charnier Roy Scheider como Det. Buddy "Cloudy" Russo Tony Lo Bianco como Salvatore "Sal" Boca Marcel Bozzuffi como Pierre Nicoli, Hit Man Frédéric de Pasquale como Henri Devereaux Bill Hickman como Bill Mulderig Ann Rebbot como Mrs. Marie Charnier Harold Gary como Joel Weinstock Arlene Farber como Angie Boca Eddie Egan como Walt Simonson André Ernotte como La Valle Sonny Grosso como Clyde Klein
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Friedkin Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Marsella Categoría:Filmes ambientados en Marsella Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego