Ælfwald II foi rei de Northumbria desde a deposición de Eardwulf en 806 ata quizais o 810.

Traxectoria Esta información só aparece en dous escritos: un libro titulado De primo Saxonum adventu de autor anónimo e na Flores Historiarum de Roger de Wendover; neste último dise que Ælfwald foi o que destronou a Eardwulf.

Algúns autores cren que Ælfwald II gobernou por dous anos, ata que Eardwulf volveu e recuperou o poder co apoio do emperador Carlomagno e o papa León III. Outros cren que o fillo de Eardwulf, chamado Eanred, foi quen o sucedeu.

Como do reinado de Ælfwald hai só uns documentos con pouca información, o estudo das moedas cuñadas durante o seu reinado é un complemento para o seu estudo. Estas foron cuñadas na cidade de York polo propietario dunha ceca chamado Cuthheard, o mesmo que fixo todas as moedas coñecidas do reinado de Eardwulf.

O escritor W. G. Collingwood foi o autor no 1917 dun libro, que recrea a vida de Ælfwald, titulado The Likeness of King Elfwald. Esta obra está baseada nun longo estudo sobre a historia de Northumbria, un tema que o levou a publicar outro libro, Northumbrian Crosses of the pre-Norman Age en 1919.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman, 1991.

Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990.

Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados no século IX Categoría:Nados no século VIII