Roberto Martínez de Andrade, nado en Monforte de Lemos en 1918 e finado en 1978, foi un poeta galego.

Traxectoria Marchou a Madrid en 1935 para estudar medicina, carreira que non concluíu. Participou na guerra como médico dentro do Exército do Sur de Queipo de Llano. En 1942 comezou as súas colaboracións como comentarista musical para Radio Nacional de España e publicou artigos en varias publicacións. En 1947 regresou a Monforte para ocuparse da farmacia da familia. A finais dos anos cincuenta fixo amizade con Uxío Novoneyra. É autor do libro Esta é unha pequena hestoria de amor e de noites publicado en 1984 polo Concello de Monforte.

Véxase tamén Bibliografía Dopico, Montse, e Antón R. López (eds.) (2012 ). “Roberto Martínez Andrade”. Galicia Hoxe. Revista das Letras: 862 (28 de abril). Reedición en poesiagalega.org.Arquivodepoéticascontemporáneasnacultura.

Ligazóns externas Roberto Martínez de Andrade, poeta de sombras que ahora sale a la luz

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes