¿Quen teme a Virginia Woolf? () é un filme dramático estadounidense de 1966, dirixido por Mike Nichols. O guión é unha adaptación da obra teatral homónima, escrita por Edward Albee.

En 2013, foi seleccionado para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos como "cultural, histórica ou esteticamente significativa".

Foi emitido na TVG o 17 de maio de 1986.La Voz de Galicia, 17 de maio de 1986. Páx. 63

Argumento Martha e George forman un matrimonio de mediana idade, intelectuais, que se aman e se odian. Despois dunha festa na casa do pai de Martha, o presidente da universidade en que George dá clases, a parella volve á súa residencia e, bastante embriagados, acollen a Nick e Honey, unha parella de mozos que tamén estaba na festa e que vive lonxe. Nick é tamén profesor na universidade.

Avergoñados polo clima tenso entre George e Martha, que acaban de ter unha violenta discusión, os mozos comezan a beber tamén xunto aos seus anfitrións. Martha insinúase abertamente a Nick e humilla a George que, despeitado, "inventa" un "xogo da verdade", inducindo as persoas ao seu arredor a confesaren detalles íntimos.

Elenco Elizabeth Taylor como Martha Richard Burton como George George Segal como Nick Sandy Dennis como Honey

Premios O filme foi o segundo (tras Cimarron) en ser candidata aos premios Oscar en todas as categorías nas que podía ser elixíbel (filme, director, actor, actriz, actor e actriz secundarios, guión, dirección artística, fotografía, son, deseño de vestiario, música e montaxe). Os catro actores foron candidatos ao Oscar e gañárono Elizabeth Taylor (mellor actriz) e Sandy Dennis (mellor actriz secundaria). Tamén gañou os premios á mellor fotografía en branco e negro (Haskell Wexler), mellor dirección artística en branco e negro e mellor vestiario en branco e negro.

Nos premios da BAFTA gañou os de mellor filme, mellor actor británico (Richard Burton) e mellor actriz británica (Elizabeth Taylor). Taylor recibiu tamén o New York Film Critics Circle Awards á mellor actriz.

Notas

Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes dirixidos por Mike Nichols Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes baseados en obras de escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego