A Serie 596 de Renfe (TRDL) é unha familia de automotores rexionais diésel dun só coche dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora. miniatura|300x300px|Un automotor S-596 estacionado en Ourense-Empalme. Poden acadar unha velocidade máxima de 120 km/h en tipo A e realizan servizos denominados Rexional e Rexional Exprés. Ás veces son alcumadas como Tamagochi ou Galindos polo seu pequeno tamaño. Tamén se lles alcuma como Tamagochis pola continua atención que requiren.

Historia O nacemento desta serie responde á baixa demanda das liñas que atendían os automotores da serie 593, o que levou a que RENFE adoptara a decisión de crear un tren máis pequeno e lixeiro. En lugar de crear un novo modelo, e dado que estaban destinados a substituír a serie 593, RENFE construíu a serie 596 reformando trens da 593.

Cada unidade da serie 593 estaba composto de tres coches: dous motores extremos e un remolque intermedio. A serie 596 está composta dos motores extremos, obténdose dúas novas unidades e refugando o remolque intermedio.

A maior transformación consistiu en engadir unha cabina a cada motor polo lado no que antes estaba o remolque intermedio. Debido á escasa fiabilidade dos seus predecesores, RENFE tamén introduciu melloras no sistema de transmisión, como o autómata que coordina e sincroniza todos os movementos que afectan a engrenaxes e embragues. Ademais, modificouse a sala de viaxeiros. Toda a reforma levou a cabo no TCR de Integria en Valladolid.miniatura|200x200px|As 6 primeiras unidades reformadas tiñan un frontal semellante aos camelos 593 pero sen porta.

Servizos Os 596 realizaron principalmente servizos denominados Rexional e Rexional Exprés, en liñas de baixa demanda (Granada-Linares-Baeza, A Coruña-Ferrol, A Coruña-Monforte de Lemos, Madrid-Chamartín-Soria, Zamora-Pobra de Seabra...) ou como tren de reforzo en liñas de maior demanda (Lleida-Pobla de Segur, Murcia-Cartaxena, Sevilla-Santa Justa-Osuna,...).

Na maioría das liñas foron relevados por trens con maior capacidade, en ocasións máis da necesaria. Posteriormente, moitos trens foron recuperados para volver prestar servizo, tanto en liñas de baixa ocupación como en novos servizos turísticos cunha decoración especial.

Notas

Categoría:Media distancia Renfe