It (tamén coñecido como It: Chapter One) é un filme estadounidense de terror sobrenaturalhttp://www.allmovie.com/movie/it-v638977 dirixido por Andy Muschietti que se estreou no 2017. Baséase na novela homónima de Stephen King publicada en 1986. O guión é obra de Chase Palmer, Cary Fukunaga e Gary Dauberman. O filme conta a historia de sete nenos da vila ficticia de Derry, Maine, que son aterrorizados pola personaxe epónima, que se lles aparece representando os seus medos máis profundos. A novela xa fora adaptada nunha miniserie de 1990.
Está protagonizado por Jaeden Lieberher e Bill Skarsgård, que interpretan a Bill Denbrough e a Pennywise the Dancing Clown respectivamente. Tamén aparecen os actores Jeremy Ray Taylor, Sophia Lillis, Finn Wolfhard, Wyatt Oleff, Chosen Jacobs, Jack Dylan Grazer, Nicholas Hamilton e Jackson Robert Scott nos papeis secundarios. A fotografía principal do filme fíxose en Riverdale, Toronto o 27 de xuño de 2016 e rematou o 21 de setembro de 2016. Outras localizacións de Ontario inclúen Port Hope e Oshawa. A súa secuela, It Chapter Two, estreouse o 6 de setembro de 2019.
Estreouse en galego o 1 de xuño de 2020 a través da TVG.
Personaxes Jaeden Lieberher como Bill Denbrough Bill Skarsgård como Pennywise/It Jack Dylan Grazer como Eddie Kaspbrak Finn Wolfhard como Richie Tozier Wyatt Oleff como Stan Uris Sophia Lillis como Beverly Marsh Jeremy Ray Taylor como Ben Hanscom Chosen Jacobs como Mike Hanlon Nicholas Hamilton como Henry Bowers Javier Botet como Leproso Molly Atkinson como Sonia Kasprak (a nai de Eddie) Owen Teague como Patrick Hockstetter Jackson Robert Scott como Georgie Denbrough Stephen Bogaert como Alvin "Al" Marsh (o pai de Beverly) Ari Cohen como Rabbi Uris Megan Charpentier como Gretta Keene Steven Williams como Leroy Hanlon (o avó de Mike) Jake Sims como Reginald "Belch" Huggins Logan Thompson como Victor Criss Stuart Hughes como o comisario Oscar "Butch" Bowers Cyndy Day como a caixeira da Farmacia Pip Dwyer como Sharon Denbrough (a nai de Bill) Tatum Lee como Judith
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andy Muschietti Categoría:Filmes con banda sonora de Benjamin Wallfisch Categoría:Filmes sobre bullying Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego