A zarabatana (orixinaria da palabra árabe zarabatan) é unha arma que consiste nun tubo orixinalmente de madeira, pero que tamén pode ser de metal ou plástico, polo cal son soprados pequenos dardos, frechas ou proxectís. A zarabatana é unha arma, non un xoguete, podendo inflixir danos graves. Existen restricións a súa venda no Reino Unido, no Canadá e nalgúns estados americanos.Edwin Shook. Blowguns in Guatemala. In Notes of Middle American Archaeology and Ethnology, III, no. 67, pp. 37-43. AMS Press, New York, 1946.
No presente, o tiro de competición con zarabatana é regulado pola Asociación Internacional de Fukiyado, na cal están afiliados os Estados Unidos, Francia, Alemaña e Filipinas.
As zarabatanas son utilizadas polos pobos indíxenas de América do Sur (Amazonia e Güiana) e sueste da Asia, que as empregan para cazar pequenos animais, como paxaros, esquíos, macacos e coellos. As frechas utilizadas (moi lixeiras) roldan os 10 ou 15 cm de longo, e teñen puntas envelenadas ou substancias tóxicas. miniatura|Zarabatana
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Speck, Frank G. "The Cane BlowGun in Catawba and Southeastern Ethnology" in American Anthropologist 40:2 (Apr.-Jun., 1938), pp. 198–204. Sustak, David. 2007. Fukiyado: The Way of the Sport Blowgun. 258 pp. Juan F. Marino, Sumpitan - Il Grande Libro della Cerbottana (le origini, la storia, la tecnica, lo sport), Edarc Edizioni, 2007 (só en italiano). 273 pp. Marinas, Amante P., Sr. 1999. "Pananandata Guide To Sport Blowguns." 110 pp.
Categoría:Armas brancas