A praza de Ourense é un espazo público da cidade da Coruña, situado entre as rúas de Sánchez Bregua e de Linares Rivas. Ata 2016 estivo rotulada oficialmente como praza de Orense.A Coruña recupera a toponimia oficial para as súas rúas con 34 anos de atrasoA Coruña adapta la toponimia de su callejero a la ley
Historia Como outras prazas do Ensanche coruñés recibiu o nome dunha capital galega. Foi bautizada o 6 de outubro de 1876, o mesmo día que as prazas de Lugo e María Pita.
No número 2 da praza tiña a súa residencia o tenor Miguel Fleta, e nela faleceu en 1938.
Arquitectura Os edificios catalogados na praza de Ourense son: Nº 1 e 3, obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1889), fronte modificada pola construción dun edificio moderno. Nº 9, edificio tradicional de 1936.
No interior da praza existe un arboredo tamén catalogado e sitúase ademais o quiosco atribuído ao arquitecto municipal Santiago Rey Pedreira (1953). Ten 7,5 metros de diámetro e unha estrutura de formigón armado. Próximo ao quiosco hai un busto obra de Emilio de Madariaga en homenaxe ao médico Rodríguez levantado en 1933 cun pedestal de formas vangardistas.
No número 11 da praza localízase a Delegación do Goberno en Galicia.Delegación do Goberno en Galicia
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Prazas da Coruña