Abelardo López Varela, nado en Miño cara a 1886, foi un político galego.

Traxectoria

Xornaleiro de profesión. Foi un dos impulsores da Agrupación Socialista de Miño con María Vázquez Suárez en 1933. Na asemblea constituínte da AS celebrada en marzo de 1936, foi elixido secretario. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Miño e foi elixido segundo tenente de alcalde.La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira La Golondrina xunto con Ricardo Pérez Medín e mais outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (subtracción da motora Golondrina),Requisitoria en BOE, 23-2-1938, p. 5927-5928. e foi declarado fuxido e en rebeldía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1886 Categoría:Concelleiros de Miño

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes