Espiral - Mocidade Republicana Galega é unha organización política da mocidade galega, republicana e anticapitalista que pula pola República Galega e por un modelo económico alternativo que "pretende canalizar a frustración dunha mocidade cansa de falsas promesas e das nulas oportunidades que o Réxime do 78 ofrece".

Historia Espiral nace como organización autónoma o 16 de setembro de 2017 como culminación do Proceso 1 de maio, o cal comeza a espallarse por Internet desde o día homónimo e ten o 10 do mesmo mes a súa presentación pública en Compostela. A partir deste día teñen lugar xuntanzas abertas en case 30 localidades, cuxo traballo se materializa na constitución de Espiral con case 300 militantes que proceden de diferentes tradicións políticas que viñan confluíndo en diferentes espazos e que inclúe afiliadas a organizacións como ANEGA, En Marea, Xeira, Anticapitalistas Galiza, Podemos, as mareas cidadás ou Anova. A pluralidade caracteriza a este espazo, unido pola construción da República Galega, onde todas decidan sobre todo o que lles é común.

Este espazo de organización da mocidade xorde desde unha necesidade manifesta a partir da crise de 2008 e do 15M para dar unha resposta de ruptura democrática desde o colectivo, que venza á fragmentación que nos impón un réxime laboral que nos divide e temporaliza, para evitar a creación de lazos afectivos e de identidades colectivas, desbordando as lóxicas do sistema para camiñar cara a emancipación.

Organización interna Espiral é unha organización de base asemblearia que se organiza de xeito horizontal en asembleas comarcais e cuxo órgano de dirección é a Coordinadora Nacional. O seu voceiro nacional é Iván Rodríguez Iglesias, de Noia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Facebook de Espiral

Categoría:Partidos políticos de Galicia