Manuel Deschamps Martínez, nado en Sigrás (Cambre) en 1853 e finado en Canet de Mar (Barcelona) en 1923, foi un capitán de barco galego.
Traxectoria Deschamps, quen obtivo o título de piloto en 1872, entrou na Compañía Transatlántica seis anos despois. En 1898, dirixindo o Montserrat, burlou por tres veces o bloqueo estadounidense á illa de Cuba. Logrou atracar en Cienfuegos cargado de víveres e 500 soldados.
Trala guerra hispano-estadounidense seguiu a súa carreira como mariño mercante. Dirixiu, entre outros, o Santa Isabel na súa viaxe inaugural.
En 1998 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando (Cádiz). É o único civil soterrado alí.
Recoñecementos Pola súa acción en Cuba recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval, ademais dunha pensión.
O concello da Coruña bautizou en 1971 unha rúa co seu nome. Igualmente, o de Cambre púxolle o seu nome a unha praza."Cambre homenajea a un héroe de la guerra de Cuba con un gran monolito", artigo en La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2003
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Manuel Deschamps: Un héroe de la guerra de Cuba", artigo en La Opinión de A Coruña, 30 de novembro de 2009 . Manuel Deschamps y Martínez
Categoría:Nados en Cambre Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Mariñeiros