Calocedrus é un xénero de coníferas da familia das cupresáceas, subfamilia das cupresoideas, que comprende catro especies admitidas actualmente, unha propia de Norteamérica e as outras tres de Asia oriental.

Características As principais características das especies deste xénero son:Calocedrus en The gymnosperm Database.

Son árbores perennifolios de gran porte, coa copa cónica, estreita, ramaxe densa, con numerosas pólas sinuosas coas ramiñas separadas en abano. A follaxe está composta por follas escamentas bastante longas, decorrentes na base, de cor verde, que desprenden un olor resinoso bastante forte cando se fregan. Son especies monoicas. As flores masculinas son duns 3 mm de lonxitude, globulares e douradas, e as femininas, primeiramente, dunha cor verde intensa, que se transforman, despois da fecundación e maduración, en pequenos conos ovoides, estreitos e rematados en punta. As piñas son pardas ao maduraren (despois dun ano, aproximadamente), liberando entón pequenas sementes aladas. Os ramallos son parecidos aos das tuias e os camecíparis, dos que se diferencian polas súas escamas máis alongadas, e de dous a tres veces máis longas ca largas.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1873 polo botánico alemán Wilhelm Sulpiz Kurz nun traballo publicado en J. Bot. 11: 196, t. 133.Calocedrus en Tropicos.Calocedrus no IPNI.

Etimoloxía O nome científico Calocedrus está formado pola unión dos elementos do latín científico calo- e -cedrus. O primeiro deriva do grego antigo καλός kalós, "fermoso", e o segundo do latín cedrus, tirado do grego antigo κέδρος kédros, "cedro". Literalmente: "cedros fermosos".

Sinónimo Librocedrus decurrens Torrey Heyderia K.Koch (homónimo ilexítimo)

Especies Na actualidade recoñécense dentro do xénero as seguintes catro especies:Calocedrus na The Plants List. Calocedrus decurrens (Torr.) Florin Calocedrus formosana (Florin) Florin Calocedrus macrolepis Kurz Calocedrus rupestris Aver., T.H.Nguyên & P.K.Lôc

En Galicia Destas catro especies, en Galicia a única cultivada en parques e xardíns é a C. decurrens, o cedro de California, que, a pesar da súa elegancia, só se encontra no parque de Padrón (tres exemplares moi antigos), no paseo da da Ferradura de Santiago, e no xardín do Pazo de Torrecedeira en Redondela, que figura no catálogo de árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5. Christenhusz, M. J. M., J. L. Reveal, A. K. Farjon, M. F. Gardner, R. R. Mill & M. W. Chase (2011): "A new classification and linear sequence of extant gymnosperms". Phytotaxa 19: 55–70. Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. . Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. . Gadek, Paul A.; Deryn L. Alpers, Margaret M. Heslewood & Christopher J. Quinn (2000): "Relationships within Cupresaceae senus lato: A combined morphological and molecular approach" (Ler o texto completo). American Journal of Botany 87 (7): 1044–1057. Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3. Rushforth, Keith D. (1987): Conifers. Cidade de Nova York, Nova York, USA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5.

Outros artigos Cupresáceas Cupresoideas

Ligazóns externas Calocedrus en The gymnosperm Database . Calocedrus Kurz en Flora of North America . Calocedrus na EOL .

Categoría:Coníferas Categoría:Cupressaceae