O Gran Premio de Bélxica de 1994 foi unha carreira de coches de Fórmula Un disputada o 28 de agosto de 1994, no Circuíto de Spa-Francorchamps. A carreira, disputada sobre 44 voltas no circuíto de sete quilómetros para unha carreira de distancia de 308 quilómetros, foi a décimo primeira rolda da tempada de , o 52º Gran Premio de Bélxica, o 40ª que se celebrou en Spa-Francorchamps. A carreira gañouna o piloto de Williams Damon Hill logo de comezar desde a terceira posición. Mika Häkkinen terminou segundo para o equipo McLaren e o piloto de Benetton Jos Verstappen quedou en terceiro lugar.

Antecedentes

Philippe Alliot substituíu a Olivier Beretta en Larrousse. Sería a última aparición de Alliot nunha carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un. Zanardi foi substituído no equipo Lotus nesta carreira por Philippe Adams. Alliot correra para McLaren na anterior carreira en Hungría cando Mika Häkkinen foi suspendido. Häkkinen regresou ao asento de McLaren para esta carreira.

Tralas mortes de Roland Ratzenberger e Ayrton Senna en Imola a principios da tempada, instalouse unha chicana de pneumáticos en Eau Rouge para frear os coches.

Cualificación

Na primeira sesión de cualificación do venres as condicións foron difíciles xa que a pista estaba secando pero aínda mollada. Barrichello tomou a primeira posición nas voltas finais. Schumacher foi segundo por diante de Hill, Irvine no segundo Jordan, Alesi no Ferrari e Verstappen no Benetton completaron os seis primeiros. O sábado, a pista estaba mollada e ninguén logrou mellorar o seu tempo, agás Fittipaldi. Rubens Barrichello obtivo así a primeira pole position da súa carreira, que tamén foi a primeira para o equipo Jordan.

Tamén foi a primeira posición dun auto impulsado cun motor Hart desde que Teo Fabi lograra a pole no Gran Premio de Alemaña de 1985 usando o motor de 1.5L de 4 cil. Hart 415T turbo, unha espera de 9 anos e 24 días para a compañía de Brian Hart. Tamén foi a última pole na F1 de Hart, xa que a compañía retirouse da F1 logo de .

Carreira

Ao principio Barrichello logrou manter o liderado diante de Schumacher, Alesi que gañou 2 posicións, e a continuación Hill, Verstappen e Coulthard. Durante a primeira volta, Schumacher logrou pasar a Barrichello en Le Combes e tomou o liderado e Coulthard superou a Verstappen. Antes do final da volta Alesi tamén adiantou a Barrichello e colocouse segundo. Con todo, o motor do seu Ferrari fallou ao final da 2ª volta e o francés quedou fóra da carreira.

Heinz-Harald Frentzen trompeou na nova chicana mentres intentaba pasar a Barrichello, o Jordan loitaba por manterse na posición entre os coches claramente máis rápidos que pasaban.

Na 12ª volta, Hill fixo a súa primeira parada en boxes seguido de Coulthard unha volta máis tarde. A orde era entón Schumacher, Barrichello, Coulthard e Hill. Na volta 19, Schumacher fixo un trompo pero mantivo a vantaxe. Barrichello saíuse da pista e retirouse. Na volta 37 Coulthard deixou a Hill no segundo lugar. Coulthard tivo que facer unha parada adicional para revisar a á do auto. Logo de regresar á pista, tivo problemas coa caixa de cambios e golpeou a Blundell por detrás, o que provocou que o piloto de Tyrrell trompeara. Michael Schumacher cruzou a liña de meta en primeiro lugar, por diante de Hill, Häkkinen, Verstappen, Coulthard e Blundell. Logo da carreira, o alemán foi desposuído da súa vitoria debido ao desgaste excesivo no patín do seu Benetton (a táboa de madeira obrigatoria presentada en Alemaña)"GP Encyclopedia" : Belgian GP 1994" GrandPrix.com. Retrieved 7 de xuño de 2008 Esta indicaba que a altura do automóbil era demasiado baixa, e polo tanto, unha vantaxe aerodinámica ilegal. A reclamación do equipo Benetton de que Schumacher fixera unha volta completa sobre os bordos na volta 19 foi rexeitado polos comisarios debido ao patrón de desgaste. Damon Hill logrou polo tanto a vitoria.

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Q1 Tempo Q2 Diferenza 1 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 2:21.163 sen tempo 2 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 2:21.494 2:25.501 +0.331 3 0 Damon Hill Williams-Renault 2:21.681 2:25.570 +0.518 4 15 Eddie Irvine Jordan-Hart 2:22.074 no time +0.911 5 27 Jean Alesi Ferrari 2:22.202 2:25.099 +1.039 6 6 Jos Verstappen Benetton-Ford 2:22.218 2:28.576 +1.055 7 2 David Coulthard Williams-Renault 2:22.359 2:27.180 +1.196 8 7 Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 2:22.441 2:28.997 +1.278 9 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 2:22.634 2:28.026 +1.471 10 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 2:23.326 2:30.896 +2.163 11 28 Gerhard Berger Ferrari 2:23.895 2:29.391 +2.732 12 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 2:24.048 2:28.164 +2.885 13 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 2:24.117 2:28.428 +2.954 14 10 Gianni Morbidelli Footwork-Ford 2:25.114 2:31.403 +3.951 15 29 Andrea de Cesaris Sauber-Mercedes 2:25.695 2:30.475 +4.532 16 25 Éric Bernard Ligier-Renault 2:26.044 2:31.025 +4.881 17 26 Olivier Panis Ligier-Renault 2:26.079 2:31.501 +4.916 18 24 Michele Alboreto Minardi-Ford 2:26.738 2:32.286 +5.575 19 19 Philippe Alliot Larrousse-Ford 2:26.901 2:31.350 +5.738 20 12 Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 2:27.155 2:32.610 +5.992 21 31 David Brabham Simtek-Ford 2:27.212 2:41.593 +6.049 22 20 Érik Comas Larrousse-Ford 2:28.156 2:30.524 +6.993 23 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 2:28.979 2:29.925 +7.816 24 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 16:56.162 2:30.931 +9.768 25 32 Jean-Marc Gounon Simtek-Ford 2:31.755 2:40.280 +10.592 26 11 Philippe Adams Lotus-Mugen-Honda 2:33.885 2:34.733 +12.722 27 34 Bertrand Gachot Pacific-Ilmor 2:34.582 2:34.951 +13.419 28 33 Paul Belmondo Pacific-Ilmor 2:35.729 Sen tempo +14.566

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 0 Damon Hill Williams-Renault 44 1:28:47.170 3 10 2 7 Mika Häkkinen McLaren-Peugeot 44 +51.381 8 6 3 6 Jos Verstappen Benetton-Ford 44 +1:10.453 6 4 4 2 David Coulthard Williams-Renault 44 +1:45.787 7 3 5 4 Mark Blundell Tyrrell-Yamaha 43 +1 volta 12 2 6 10 Gianni Morbidelli Footwork-Ford 43 +1 volta 14 1 7 26 Olivier Panis Ligier-Renault 43 +1 volta 17 8 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 43 +1 volta 10 9 24 Michele Alboreto Minardi-Ford 43 +1 volta 18 10 25 Éric Bernard Ligier-Renault 42 +2 voltas 16 11 32 Jean-Marc Gounon Simtek-Ford 42 +2 voltas 25 12 12 Johnny Herbert Lotus-Mugen-Honda 41 +3 voltas 20 13 15 Eddie Irvine Jordan-Hart 40 Alternador 4 DSC 5 Michael Schumacher Benetton-Ford 44 Táboa desgastada 2 Ret 9 Christian Fittipaldi Footwork-Ford 33 Motor 24 Ret 31 David Brabham Simtek-Ford 29 roda 21 Ret 29 Andrea de Cesaris Sauber-Mercedes 27 Acelerador 15 Ret 8 Martin Brundle McLaren-Peugeot 24 Trompo 13 Ret 14 Rubens Barrichello Jordan-Hart 19 Trompo 1 Ret 3 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 18 Motor 23 Ret 11 Philippe Adams Lotus-Mugen-Honda 15 Trompo 26 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 11 Motor 11 Ret 19 Philippe Alliot Larrousse-Ford 11 Motor 19 Ret 30 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Mercedes 10 Palier 9 Ret 20 Érik Comas Larrousse-Ford 3 Motor 22 Ret 27 Jean Alesi Ferrari 2 Motor 5 NSC 34 Bertrand Gachot Pacific-Ilmor NSC 33 Paul Belmondo Pacific-Ilmor

Posicións logo da carreira Texto en negra indica que aínda ten unha posibilidade teórica de converterse en campión do mundo.

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Michael Schumacher 76 2 Damon Hill 55 3 Gerhard Berger 27 4 Jean Alesi 19 5 Mika Häkkinen 14

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Benetton-Ford85 2 Williams-Renault62 3 Ferrari52 4 McLaren-Peugeot23 5 Jordan-Hart14

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Ligazóns externas

Bélxica Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1