Network, un mundo implacable (en ) é un filme dramático satírico estadounidense de 1976, dirixido por Sidney Lumet e protagonizado por Faye Dunaway, William Holden, Peter Finch e Robert Duvall. Foi galardoado con catro premios Oscar: mellor actor (Finch, con carácter póstumo), mellor actriz (Dunaway), mellor actriz secundaria (Beatrice Straight) e mellor guión orixinal (Paddy Chayefsky). A interpretación de Straight ocupa só 5 minutos e 2 segundos, a máis breve de todos os intérpretes gañadores do Oscar. O filme gañou tamén catro premios Globo de Ouro: mellor actor e actriz de drama (Finch e Dunaway), mellor director (Lumet) e mellor guión (Paddy Chayefsky) e un premio BAFTA ao mellor actor (Peter Finch).

En 2000, Network, un mundo implacable foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 16 de novembro de 1994.La Voz de Galicia, 16 de novembro de 1994. Páx. 79

Argumento Un locutor de noticias dunha cadea de televisión estadounidense é despedido pola baixa audiencia do programa. Anuncia entón que vai cometer suicidio en directo. Por esta razón os índices de audiencia volven crecer e pasa a ser coñecido como o profeta tolo e é readmitido.

Porén, o seu comportamento louco fai que os responsables do seu ascenso decidan detelo.

Elenco Faye Dunaway .... Diana Christensen William Holden .... Max Schumacher Peter Finch .... Howard Beale Robert Duvall .... Frank Hackett Wesley Addy .... Nelson Chaney Ned Beatty .... Arthur Jensen Arthur Burghardt .... Grande Ahmed Kahn Bill Burrows .... diretor da televisão John Carpenter .... George Bosch Jordan Charney .... Harry Hunter Kathy Cronkite .... Mary Ann Gifford Ed Crowley .... Joe Donnelly Jerome Dempsey .... Walter C. Amundsen Conchata Ferrell .... Barbara Schlesinger Gene Gross .... Milton K. Steinman Beatrice Straight .... Louise Schumacher

Notas

Véxase tamén Bibliografía Itzkoff, David. "Notes of a Screenwriter, Mad as Hell", The New York Times, 19 de maio de 2011 Lerro, Bruce. "Network" 40 Years Later: Capitalism in Retrospect and Prospect and Elite Politics Today, CounterPunch, 31 de maio de 2016

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes dirixidos por Sidney Lumet Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1975 Categoría:Filmes ambientados en 1976 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego