O polígono industrial Curtis-Teixeiro é unha actuación industrial creada pola SEPES no concello de Curtis en 2005, nos terreos que ocupara Sidegasa.
Descrición miniatura|Bioetanol Galicia. O polígono orixinouse como solución e saída aos terreos que ocupara a pechada Sidegasa. Está situado ao carón de Teixeiro e encaixado entre as vías do tren Palencia-A Coruña e a N-634. Ten unha superficie superior a 1,8 millóns de metros cadrados en 100 parcelas.Polígono Industrial de Teixeiro, Curtis Neste polígono ten a súa sede Bioetanol Galicia e XPO Logistics.
Está en proxecto e execución a instalación de Greenalia dunha planta de biomasa de 50 megavatios nunha parcela de 100.000 metros cadrados e de Goodleit que ocupará 85.000 metros cadrados."El Estado hará la segunda fase del polígono de Teixeiro con parte de la primera vacía" La Opinión de A Coruña, 20 de xaneiro de 2017 .
Accesos O polígono ten terminal de ferrocarril propia. Amais está a 5 km da A-6 e N-VI Madrid-A Coruña, e a fachada dá á N-634 Donostia-Santiago de Compostela.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Curtis Curtis - Teixeiro