miniatura|200px|Kwan nos Xogos Olímpicos de 2002 en Nagano, Xapón. Michelle Wingshan Kwan (关颖珊 en chinés simplificado; 關穎珊 en chinés tradicional e Guān Yǐngshān en pinyin), nada en Torrance (California) o 7 de xullo de 1980 é unha patinadora artística estadounidense.

Na súa traxectoria deportiva obtivo dúas medallas nos Xogos Olímpicos (prata en Nagano 1998 e bronce en Salt Lake City 2002), campioa do mundo en cinco ocasións (1996, 1998, 2000, 2001 e 2003) e nove veces no Campionato de patinaxe sobre xeo dos Estados Unidos de América (1996 e de 1998 a 2005).

Kwan competiu nun alto nivel durante unha década e é a patinadora que máis premios recolleu na historia estadounidense.Athlete bio at usfigureskating.org , consultado o 8 de setembro 2006. É coñecida pola súa consistencia e expresividade na pista de patinaxe no xeo ao mesmo tempo que considerada unha das mellores patinadoras de todos os tempos.For Americans, lots of medals but a 'faceless' Olympics, by Mark Sappenfield, staff writer of The Christian Science Monitor, consultado o 6 de setembro de 2006.Video Spotlight – Michelle Kwan, Asian Media Watch, consultado o 6 de setembro de 2006.People in the News Spotlight – Michelle Kwan, CNN People in the News, consultado o 8 de outubro de 2006.

Durante máis dunha década, Kwan foi considerada unha das deportistas femininas máis populares do país.Harris Interactive – America's favorite Athlete , Harris Interactive

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos sobre Michelle Kwan

Categoría:Patinadores artísticos olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Torrance Categoría:Nados en 1980 Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Categoría:Medallistas olímpicos de prata polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002