John Nicholson nado en Auckland o 6 de outubro de 1941 e finado en Inglaterra o 19 de setembro de 2017 foi un piloto de carreiras neozelandés. Participou en dous Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 20 de xullo de 1974. Non anotou puntos no campionato.
Traxectoria Nicholson foi o campión británico de Fórmula Atlantic de 1973 e 1974, usando un chasis de Lyncar e no seu "traballo diario" era un enxeñeiro de motores de McLaren. Nicholson tamén traballou para Cosworth, Lotus e Embassy Hill, e preparou un motor Saab para o seu uso nun coche Reynard de Fórmula 3.
Tralo seu éxito na Formula Atlantic, Nicholson encargou a Martin Slater de Lyncar que lle construíse un coche de Fórmula Un, malia que, a esta altura, establecera o seu propio negocio de construción de motores, o que significaba que non podía comprometerse a unha tempada completa de Grand Prix. As súas participacións nas carreira, polo tanto, foron principalmente en carreiras fora do campionato. participou no Gran Premio do Reino Unido de 1974 e no Gran Premio do Reino Unido de 1975 e cualificouse para esta última carreira. Clasificouse 17°, cinco voltas atrás, malia chocar na forte tormenta cara ao final da carreira. Nicholson posteriormente planeou un intento máis forte na Fórmula Un cun M23 privado pero a compra do chasis fracasou. Continuou tanto na Fórmula 2 como na Formula 5000 en 1976 antes de competir na súa natal Nova Zelandia en xaneiro de 1977.
Logo de retirarse das carreiras, Nicholson dirixiu a súa atención deportiva ás carreiras de lanchas motoras e continuou cos seus intereses comerciais.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos Pinch (Plant) Ltd. Lyncar 006 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBRNSC ALE AUT ITA CAN USA NC 0 Pinch (Plant) Ltd. Lyncar 006 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR17 ALE AUT ITA USA NC 0
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Auckland Categoría:Finados en 2017 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Nova Zelandia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lyncar