Match Point é un filme británico-luxembugués de 2005 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Jonathan Rhys Meyers, Scarlett Johansson, Emily Mortimer, Matthew Goode, Brian Cox e Penelope Wilton. No filme, a personaxe de Rhys Meyers casa cunha moza de familia rica, mais a súa nova posición social está ameazada pola súa relación coa cuñada, interpretada por Johansson. O filme trata temas como a moralidade, a cobiza, a luxuria, os cartos e a sorte na vida, o cal leva a comparalo con outro filme de Allen, Crimes and Misdemeanors (1989). Foi producido e rodado en Londres despois de que Allen atopase dificultades e apoio financeiro para rodalo en Nova York. O acordo obrigouno a empregar un elenco na súa maioría británico, e a re-escribir o guión para adaptalo a Londres.
A crítica dos Estados Unidos louvou o filme e a súa ambientación británica, e considerouna como unha volta á esencia de Allen. Pola contra, a crítica británica considerou Match Point dun xeito menos favorable, atopando problemas nas localizacións e na linguaxe dos diálogos. Allen foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal.
Personaxes Jonathan Rhys Meyers como Chris Wilton Scarlett Johansson como Nola Rice Emily Mortimer como Chloe Hewett Wilton Matthew Goode como Tom Hewett Brian Cox como Alec Hewett Penelope Wilton como Eleanor Hewett Ewen Bremner como Inspector Dowd James Nesbitt como Detective Mike Banner Rupert Penry-Jones como Henry Margaret Tyzack como Mrs. Eastby Alexander Armstrong como Mr. Townsend Geoffrey Streatfeild como Alan Sinclair Miranda Raison como Heather Rose Keegan como Carol Colin Salmon como Ian Toby Kebbell como Policía
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Sorrento, Matthew. "Woody Allen's Match(ed) Point: the Crime of Class." The New American Crime Film. McFarland, 2012. pp. 130–143. Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Luxemburgo Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes producidos por Letty Aronson Categoría:Filmes de BBC Films Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes de Icon Productions Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego