Handia é un filme vasco dirixido por Aitor Arregi e Jon Garaño que se estreou en 2017. O filme, rodado en lingua éuscara, baséase na historia real de Migel Joakin Eleizegi, un home do século XIX que sufría de xigantismo e que era coñecido como o Xigante de Altzo. Estreouse no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde foi galardoado co Premio Especial do Xurado. Tamén foi proxectado durante o Festival de Cine de Londres de 2017. Gañou dez premios na XXXII edición dos Premios Goya, incluíndo mellor guión orixinal, mellor actor revelación (Eneko Sagardoy), e mellor banda sonora orixinal (Pascal Gaigne).

Sinopse Logo de rematar a primeira guerra carlista, Martin regresa á granxa familiar de Guipúscoa, onde descobre con sorpresa que o seu irmán máis novo Joakin é moito máis alto do que debería de ser para a súa idade. Martin convéncese de que a xente estará desexando coñecer o "home máis alto do mundo", polo que viaxan por Europa e conseguen que a riqueza e a fama cambien a súa familia para sempre.

Personaxes Joseba Usabiaga como Martin Eneko Sagardoy como Joakin Iñigo Aranburu como Arzadun Ramón Agirre como Antonio Aia Kruse como Maria

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes do País Vasco Categoría:Filmes dirixidos por Aitor Arregi Categoría:Filmes dirixidos por Jon Garaño Categoría:Filmes baseados en feitos reais