Alberto Closas Lluró, nado en Barcelona o 3 de outubro de 1921 e finado en Madrid o 19 de setembro de 1994, foi un actor español.
Traxectoria Fillo de Rafael Closas Cendre, Conselleiro sen carteira da Generalitat de Cataluña, a súa educación realizouse entre o Reino Unido e Francia, estudando o Bacharelato no Petit Licée de Talance, de Bordeos. Finalizada a guerra civil española houbo de exiliarse coa súa familia, primeiro a París e despois a Santiago de Chile.
Na capital chilena estudou arte dramática na Escola de Arte de Margarida Xirgu, de cuxa compañía pasou a formar parte, estreando, entre outras obras Mariana Pineda, de Federico García Lorca, que supuxo o seu debut profesional ou La dama del alba (1944), de Alejandro Casona. Seguidamente instláronse en Buenos Aires para estrear El adefesio (1944), de Rafael Alberti e Montevideo, no momento de creación da Comedia Nacional uruguaia.
Tras a disolución da compañía da Xirgu, Closas permaneceu en Buenos Aires, debutando no cine arxentino coa película Brigada 21 (1942) e consolidando a súa reputación na gran pantalla até ser galardoado por Danza del fuego (1949).
Regresou a España en 1955 e inmediatamente protagonizou ás ordes de Juan Antonio Bardem unha das obras cume do cine español: Muerte de un ciclista. Desde ese momento compaxinou cine e teatro, caracterizando en múltiples ocasións un tipo de personaxe definido pola súa distinción e refinamento. Ademais, realizou incursións no ámbito empresarial, construíndo o Teatro Marquina de Madrid.
Para a gran pantalla despuntou en títulos como Una muchachita de Valladolid (1958), El baile (1959), La gran familia (1962), La familia y uno más (1965) ou Esquilache (1989), de Josefina Molina.
En televisión protagonizou a serie de TVE Las doce caras de Juan (1967) e interveu, xa na década de 1980, en Gatos en el tejado (1989) e Goya (1985).
Sobre os escenarios, cultivou éxitos con obras de Benavente, Gala ou Mihura. Tras unha nova etapa en Latinoamérica, regresou a España en 1982, anunciando a súa despedida das táboas en 1987 coa obra La zorra, de Alfonso Paso, aínda que retornaría tan só un ano despois, sendo El canto de los cisnes, con Amparo Rivelles, a última peza que puxo en escena uns meses antes do seu falecemento.
Faleceu en Madrid o 19 de setembro de 1994 á idade de 72 anos por un cancro de pulmón.
O seu fillo Alberto Closas Jr. continuou os seus pasos artísticos.
Premios Premio Cóndor de Prata ao mellor actor de repartición por Danza del fuego (1949) Premios do Sindicato Nacional do Espectáculo ao mellor actor por La vida en un bloc (1956) e Operación Plus ultra (1966) Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos ao mellor actor principal por La fierecilla domada (1955) Medalla da CEC ao mellor actor principal por Distrito quinto (1958) Fotogramas de Prata ao mellor intérprete de cine español por Un tesoro en el cielo (1958) Premio Sant Jordi de cine ao mellor actor español por Una muchachita de Valladolid (1958) Premio Konex - Diploma ao Mérito ao Mellor Actor de Comedia en Cine e Teatro da década (1981) Premio Mayte de Teatro por El canto de los cisnes (1993) Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1994)
Teatro El canto de los cisnes (1993), de Aleksei Arbuzov Casi una diosa (1993) Caprichos (1992) Cartas de amor (1992) Rosas de otoño (1990), de Jacinto Benavente Hamlet (1989), de William Shakespeare Largo viaje hacia la noche (1988), de Eugene O'Neill La zorra (1987), de Alfonso Paso Tratamiento de choque (1986), de Juan José Alonso Millán El camino verde ¿Por qué corres, Ulises? (1975), de Antonio Gala Play Patricio (1972) La playa vacía (1970), de Jaime Salom (dirección) Flor de cactus (1969) Pato a la naranja Cuatro historias de alquiler La tercera palabra (1964), de Alejandro Casona Solteros de verano El abanico de Lady Windermere (1958), de Oscar Wilde Buenas noches Bettina (1958) Una muchachita de Valladolid (1957), de Joaquín Calvo Sotelo Mi adorado Juan (1956), de Miguel Mihura De acuerdo, Susana (1955), de Carlos Llopis La visita que no tocó el timbre (1950) Primer amor El adefesio (1944), de Rafael Alberti La dama del alba (1944), de Alejandro Casona Los árboles mueren de pie, de Alejandro Casona Mariana Pineda, de Federico García Lorca
Filmografía El maestro de esgrima (1992) Esquilache (1989) De halcones y palomas (inédita - 1986) Últimas tardes con Teresa (1984) El divorcio que viene (1980) La familia, bien, gracias (1979) La rabona (1978) Bodas de cristal (1975) Experiencia prematrimonial (1972) El taxi de los conflictos (1969) Sangre en el ruedo (1969) Un día es un día (1968) Los chicos del Preu (1967) De cuerpo presente (1967) Las viudas (1966) La viuda soltera (1966) Operación Plus Ultra (1966) El secreto de Bill North (1965) La visita que no tocó el timbre (1965) De cuerpo presente (1965) La familia y uno más (1965) Casi un caballero (1964) Muere una mujer (1964) Piso de solteros (1964) Operación: Embajada (1963) El diablo también llora (1963) La gran familia (1962) Ud puede ser un asesino (1961) María, matrícula de Bilbao (1960) Navidades en junio (1960) El traje de oro (1959) Charlestón (1959) El baile (1959) Una gran señora (1959) Una muchachita de Valladolid (1958) Distrito Quinto (1957) La vida en un bloc (1956) Todos somos necesarios (1956) La fierecilla domada (1955) Ensayo final (1955) En carne viva (1955) Muerte de un ciclista (1955) Tren internacional (1954) Mi viudo y yo (1954) La dama del mar (1954) Mi mujer está loca (1952) El honorable inquilino (1951) Cuidado con las mujeres (1951) Vivir un instante (1951) Pies descalzos Inconcluso (1950) Romance en tres noches (1950) La vendedora de fantasías (1950) El otro yo de Marcela (1950) La gran tentación (1948) Historia de una mala mujer (1948) Tierra del Fuego (1948) El pecado de Julia (1947) 27 millones (1947) La gata (1947) La honra de los hombres (1946) Cristina (1946) La pródiga (1945) María Rosa (1946) P'al otro lado (1942)
Televisión Farmacia de guardia (1994). Secretos de familia (22 de setembro de 1994) Compuesta y sin novio Luna de miel (26 de setembro de 1994) Sóc com sóc (1990). Gatos en el tejado (1989). Goya (1985). Anillos de oro Todo un caballero (16 de decembro de 1983) Las doce caras de Juan (1967).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas en (inglés) CineNacional.com Obituario no Diario O País, de 20 de setembro de 1994 Obituario no Diario ABC, de 20 de setembro de 1994
Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Finados por cancro de pulmón