STS-8 foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de agosto de 1983 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-8, con cinco astronautas (Richard Truly, Daniel Brandenstein, Dale Gardner, Guion Bluford e William Thornton) a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite Insat 1B e facer varios experimentos. Bluford foi o primeiro astronauta afroamericano da Historia.
Durante o voo a proa do transbordador mantívose apuntando en sentido contrario ao Sol durante 14 horas para estudar o ambiente na cuberta de voo en frío extremo.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de setembro de 1983. Foi a primeira misión dun transbordador en engalar e aterrar de noite.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Challenger
Categoría:Programa STS