Os letóns (en ; en ) son un grupo étnico báltico, nativo da moderna Letonia e a rexión xeográfica inmediata. Os letóns comparten unha mesma lingua, cultura e historia.
Historia Unha tribo de fala finesa coñecida como os livonios instalouse entre os letóns e modulou o nome de «Latvis» que significa «limpadores de bosques», que é como os colonizadores alemáns medievais tamén se referían a estes pobos.
Os colonizadores alemáns cambiaron o nome a «Lette» e nomearon a súa colonia inicialmente pequena como «Livland». A forma en latín, Livonia, pouco a pouco acabou referíndose a todo o territorio da moderna Letonia, así como o sur de Estonia, que caera baixo o dominio alemán. Os letóns e os lituanos son os únicos membros superviventes dos pobos bálticos da familia indoeuropea.
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Letonia Categoría:Grupos étnicos de Europa