Os lituanos (en , singular lietuvis/lietuvė) son grupo étnico báltico nativo de Lituania, onde roldan as 2 561 300 persoas. Outro millónde lituanos conforman a diáspora, que se atopa en países como os Estados Unidos, o Brasil, o Canadá, Rusia, o Reino Unido e Irlanda. A súa lingua nativa é o lituano, unha das dúas linguas sobreviventes da familia de linguas bálticas. Segundo o censo de 2001, o 83,45% da poboación de Lituania identifícase a si mesma como lituana, o 6,74% como polaca, o 6,31% como rusos, o 1,23% como belarusos e o 2,27% como membros doutro grupo étnico. A maioría dos lituanos pertencen á Igrexa católica, mentres que os lituanos de Prusia que vivían na rexión antes da segunda guerra mundial son principalmente luteráns.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grupos étnicos de Europa

Categoría:Grupos étnicos de Lituania Categoría:Grupos étnicos de Europa