Ramón López de Vicuña, nado en Manila (Filipinas) o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909,Heraldo de Madrid, 16-9-1909, p. 4 foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito civil e canónico e doutor en Filosofía e letras. Catedrático de Xeografía e Historia no Instituto da Coruña e a partir de 1907 no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, foi concelleiro da Coruña, correspondente da Real Academia de la Historia e un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1905.Membros de número RAG.

Colaborou en Revista Contemporánea, Revista de España, Revista Crítica de Historia y Literatura, Galicia Diplomática e a Galicia (Revista Regional) de Andrés Martínez Salazar.

Foi un admirador e divulgador do románico galego.

Obras Publicou con destino ao ensino obras que acadarían varias edicións. Curso de Historia Universal, 1880. Curso elemental de Geografía, 1892. Curso elemental de Historia de España, 1893.Curso elemental de Historia de España en Galiciana.Curso elemental de Historia de España na BNE (inclúe sinatura autógrafa do autor). Curso elemental de Geografía descriptiva, 1901. Curso de Geografia especial de España, 1906.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1852 Categoría:Nados en Manila Categoría:Finados en 1909

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos