Joaquín Freyre de Andrade y Valverde, nado na Coruña o 31 de xullo de 1882 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1972, foi un xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega.

Traxectoria miniatura|No pazo de Meirás asistiu Freire aos faladoiros da Pardo Bazán. Doutorouse en Filosofía e Letras en Madrid, onde gañou unha cátedra na Escuela de Estudios Especiales del Ateneo. Foi número un no concurso para a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Escola Superior de Pforzheim, Alemaña. En 1909 obtivo unha bolsa da JAE para estudar en Roma e Florencia.Gaceta de instrucción pública y bellas artes, p. 1770, 25/9/1909. De volta na Coruña colaborou con El Orzán, así como noutros xornais e revistas. Tivo amizade coa familia de Emilia Pardo Bazán e asistiu aos seus faladoiros en Madrid e no Pazo de Meirás, o que lle valeu coñecer e tratar ás personalidades da literatura da época.

Foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes dende o 11 de xuño de 1949, inda que non chegou a presentar discurso de ingreso e a súa praza declarouse deserta en 1953."Listado histórico de académicos numerarios" RAGBA. Presidiu a Reunión Instructiva y Recreativa de Artesanos (1951-1953).

Despois de ser correspondente durante corenta anos, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 30 de novembro de 1956, a proposta de Manuel Casás Fernández, Leandro Carré Alvarellos e Francisco Vales Villamarín, co discurso Manuel Linares Rivas, dramaturgo contemporáneo, relativo ao santiagués Manuel Linares-Rivas Astray, lido por Julio Rodríguez Yordi (Freyre estaba afónico),La Noche, 1/12/1956, p. 2 . respondido por Carré.

Segundo José Luis Bugallal Marchesi, por desgana, non deixou obra impresa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Centro de Estudios Históricos Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 1972 Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Catedráticos