STS-82 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de febreiro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-82, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para reparar e dar servizo ao telescopio espacial Hubble na segunda misión deste tipo despois da STS-61. Durante a misión a tripulación, formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Scott J. Horowitz e os especialistas de misión Mark C. Lee, Steven A. Hawley, Gregory J. Harbaugh, Steven L. Smith e Joseph R. Tanner, substituíu un sensor de guiado fino do telescopio, cambiou unha das grabadoras de datos en cinta por unha grabadora de estado sólido e cambiou dous dos instrumentos orixinais (o GHRS e o FOS) por outros dous novos (STIS e NICMOS). Durante a misión fixéronse un total de cinco actividades extravehiculares.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 21 de febreiro de 1997.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS