STS-83 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 4 de abril de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-83, con sete astronautas (James D. Halsell, Susan Kilrain, Janice E. Voss, Donald A. Thomas, Michael L. Gernhardt, Roger Crouch e Gregory T. Linteris) a bordo, foi lanzada para facer experimentos en microgravedade co laboratorio MSL-1, albergado dentro dun módulo Spacelab europeo na bodega de carga do transbordador. Debido a un problema cunha das células de combustible do Columbia das tres que usaba para proporcionar enerxía, a misión viuse acurtada. A pesar do problema na célula de combustible a tripulación puido facer algún experimento no MSL-1.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 8 de abril de 1997. O Columbia volvería a voar máis tarde por primeira vez con exactamente a mesma tripulación e os mesmos obxectivos na misión STS-94.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia
Categoría:Programa STS