STS-85 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 7 de agosto de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-85, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para estudar a atmosfera terrestre mediante o satélite CRISTA-SPAS-2, liberado e recuperado na mesma misión. CRISTA-SPAS-2 observou a atmosfera en lonxitudes de onda infravermellas. A tripulación, formada polo comandante Curtis L. Brown, o piloto Kent V. Rominger, os especialistas de misiónN. Jan Davis, Robert L. Curbeam, Stephen K. Robinson e o especialista de carga Bjarni V. Tryggvason, tamén levou a cabo outros experimentos a bordo do Discovery.
CRISTA-SPAS-2 foi unha colaboración entre a axencia espacial alemá DARA e a NASA que consistía en tres telescopios e catro espectrómetros despregados durante o primeiro día de voo. A plataforma foi recuperada o 16 de agosto despois de 200 horas de voo libre, tempo durante o cal desde terra se fixeron medicións atmosféricas mediante foguetes sonda e globos para correlacionar os datos. O transbordador levaba tamén a bordo a carga TAS-1 para probar novas tecnoloxías, MFD como experimento tecnolóxico para o futuro brazo robótico no módulo xaponés da Estación Espacial Internacional, IEH-02 para a observación do Sol e varios experimentos biolóxicos e de materiais.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 19 de agosto de 1997.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS