STS-89 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 23 de xaneiro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-89, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para acoplarse, por penúltima vez, á estación espacial Mir. A tripulación estaba formada polo comandante Terrence W. Wilcutt, o piloto Joe F. Edwards, a comandante de carga Bonnie J. Dunbar e os especialistas de misión Michael P. Anderson, James F. Reilly, Salizhan Shakirovich Sharipov e Andrew S. W. Thomas e fixo tamén varios experimentos a bordo. Durante a misión transferíronse máis de 3629 kg de equipamento científico e subministracións do Endeavour á Mir.
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 31 de xaneiro de 1998 con David Wolf a bordo e deixando a Thomas na Mir.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS